Publicador de contidos

Publicador de contidos

A fragata Álvaro de Bazán e o buque Patiño regresan a Ferrol tras case catro meses de manobras coa OTAN

A fragata Álvaro de Bazán e o buque Patiño regresan a Ferrol tras case catro meses de manobras coa OTAN

As dúas naves da Armada estiveron realizando labores de escolta e protección en augas do Mediterráneo, dentro do núcleo da Forza Marítima de Moi Alta Dispoñibilidade da OTAN

Emoción e risas no peirao de Ferrol despois de case catro meses de ausencia, Foto: EFE/Kiko Delgado Emoción e risas no peirao de Ferrol despois de case catro meses de ausencia, Foto: EFE/Kiko Delgado
G24.gal 18/05/2025 18:47

Emoción, risas e lagrimas de ledicia nos peiraos de Ferrol coa chegada a porto da fragata Álvaro de Bazán e o buque Patiño. Regresaron este domingo á súa base en Ferrol tras concluír un período de traballo de case catro meses no marco da operación Noble Shield, que supuxo a súa integración na actividade da SNMG-2, unha das agrupacións navais permanentes da OTAN.

Recibidos no porto pola familia e polo comandante da 31ª Escuadrilla de Superficie da Armada. Foto: EFE/Kilko Delgado Recibidos no porto pola familia e polo comandante da 31ª Escuadrilla de Superficie da Armada. Foto: EFE/Kilko Delgado

A Fragata Álvaro de Bazán das atracou no arsenal militar ferrolán, mentres que o buque Patiño fíxoo no estaleiro de Navantia. As dúas naves foron recibidas en senllos actos presididos polo comandante da 31ª Escuadrilla de Superficie da Armada, Jesús Viñas.

As embarcacións estiveron de manobras da Alianza Atlántica para o desenvolvemento de labores de escolta e protección en augas do Mediterráneo e dentro do núcleo da Forza Marítima de Moi Alta Dispoñibilidade da OTAN.

A Armada valorou que a despregadura recentemente finalizada permitiu reforzar o seu "compromiso" e o de España coa Alianza Atlántica e a "solidariedade co resto de países membros da OTAN, apoiando desta maneira á disuasión e a defensa colectiva".

Ata 350 persoas conformaron as dotacións de ambas as unidades durante este operativo, cos capitáns de fragata Pablo Rodríguez Tortosa e Ramón González-Cela á fronte da Álvaro de Bazán e o Patiño, respectivamente.

Os primeiros saúdos, ainda desde o buque, chegando ao porto do Ferrol. Foto: EFE/Kiko Delgado Os primeiros saúdos, ainda desde o buque, chegando ao porto do Ferrol. Foto: EFE/Kiko Delgado
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade