Cargando resultados...
Un incendio nunha fábrica de alta tecnoloxía na China deixa 38 falecidos
Un incendio nunha fábrica de alta tecnoloxía na China deixa 38 falecidos
Descoñécense as causas do suceso
Os equipos de rescate e bombeiros seguen na zona
G24.gal
22/11/2022 08:33
Polo menos 38 persoas morreron e dúas quedaron feridas leves nun incendio que afectou a unha planta tecnolóxica na cidade de Anyang, no centro da China.
Ao redor das 16:22 hora local, 7:22 hora galega, produciuse un un incendio nas instalacións de Kaixinda Trading, no distrito de Wenfeng, que acolle as oficinas e fábricas de alta tecnoloxía.
Descoñécense as causas do suceso, que están baixo investigación. Vídeos do incidente que circulan polas redes sociais chinesas mostran como unha gran labarada e columna de fume negro se orixinaba no lugar do suceso. (Axencia EFE)