Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Santiago celebra 30 anos de historia

A Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Santiago celebra 30 anos de historia

Protección Civil axudou os servizos de emerxencia en Angrois, a dina ou os incendios

G24.gal 16/03/2026 14:48

A Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Santiago celebra 30 anos de historia e hoxe desvélanos o segredo que a converte nunha das máis numerosas e máis activas do país. Vocación de servizo e cualifiación convérteos nunha peza imprescindible en misións tan dispares como axudar co tráfico nun concerto ou enviar axuda humanitaria a unha zona de conflito.

"Hai operativos que estan previstos, cabalgatas, partidos; emerxencias que xorden do día a día como accidentes ou busca de persoas, ou as axudas humanitarias cando hai grandes catástrofes", explica Begoña del Río, coordinadora xefa da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Santiago.

Desde o Prestige ou Angrois á pandemia ou a asistencia aos peregrinos no Camiño: son misións que levan o selo da agrupación de voluntarios de PC de Santiago.

"Temos unha canle de telegram, unha aplicación. Aí publicamos un operativo e en media hora temos sempre seis ou sete persoas dispostas para axudar", engade.

En Santiago son 60 en total. Hoxe Jacobo e Antonio preparan o operativo da carreira do domingo. Levan desde 2019, e lembran como algunhas experiencias foron axudando a facer mellor as seguintes.

"Traiamos a experiencia do envío de axuda humanitaria á Ucraína  e na DINA de Valencia chegamos a recoller, clasificar e paletizar 78 tm de axuda e envialas", cóntanos Antonio Villaverde, voluntario da Agrupación de Protección Civil de Santiago.

"Os voluntarios son persoas moi comprometidas. con profunda vocación de servizo e que dedican moitas horas a formarse", di Begoña del Río.

Son 60 voluntarios en total: estudantes a partir de 16 anos, traballadores ou xubilados que dedican parte do seu tempo a axudar os demais. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade