Cargando resultados...
Tres saídas de vía en apenas 12 horas nas estradas de Sada
Os condutores deron positivo no control de alcolemia
Non houbo feridos graves
G24.gal
20/02/2023 14:07
Última actualización 20/02/2023 14:22
Tres coches envorcados en apenas 12 horas. E nos tres casos, con resultado positivo na proba de alcolemia practicada aos condutores. É o balance dunha fin de semana accidentada nas estradas de Sada. Por sorte, sen ningún ferido grave.
A Policía Local de Sada non desbota pedir a colaboración de Tráfico para intensificar os controis, e deste xeito tratar de reducir a sinistralidade.