Cargando resultados...
Tres persoas mortas no incendio dun edificio en Barcelona
Tres persoas mortas no incendio dun edificio en Barcelona
Todo indica que os falecidos trataron de fuxir do lume polas escaleiras pero morreron por intoxicación
G24.gal
22/03/2023 20:36
Última actualización 22/03/2023 21:15
Tres persoas morreron esta mañá no incendio dun edificio de vivendas en Barcelona.
As vítimas vivían no primeiro andar e, segundo as primeiras investigacións, morreron intoxicados cando trataban de fuxir das lapas polas escaleiras.
Máis persoas tiveron que ser atendidas por inhalación de fume e crises de ansiedade, aínda que todas foron dadas xa de alta. Os veciños aseguraron que antes do incendio escoitaran unha explosión.