Publicador de contidos

Publicador de contidos

Tres persoas quedan feridas no incendio dunha pastelería en Riotorto

Tres persoas quedan feridas no incendio dunha pastelería en Riotorto

As lapas provocaron danos no establecemento e nos dous andares superiores do edificio

A cociña onde se orixinou o lume
G24.gal 21/04/2024 11:18 Última actualización 21/04/2024 20:16

Tres persoas quedaron feridas no incendio dunha pastelería de Riotorto. As lapas provocaron danos materiais no baixo e nos andares superiores do edificio.

O 112 recibiu o primeiro aviso ás dúas da madrugada: unha confeitería da praza das Rodrigas estaba ardendo e sospeitaban que había xente no interior. Os servizos de urxencia conseguiron rescatar unha nai, a filla e unha empregada, que foron evacuadas polo equipo médico.

O fume e as altas temperaturas danaron o establecemento e os dous pisos superiores. Agora, investigan a orixe do lume pero sospeitan que podería estar nunha cociña eléctrica.

Cando chegaron os bombeiros de Barreiros o incendio xa estaba sufocado grazas á intervención dun dos implicados que usou unha mangueira. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade