Publicador de contidos

Publicador de contidos

Tres operarios intoxicados cando traballaban nunha obra en Ourense

Tres operarios intoxicados cando traballaban nunha obra en Ourense

Un deles foi trasladado inconsciente ao Complexo Hospitalario ourensán

Todo apunta a que a causa foi un xerador de gasolina que empregaban para traballar

G24.gal 02/03/2023 20:48 Última actualización 02/03/2023 20:57

No baixo do número 3 da rúa Marcelo Macías de Ourense, agora precintado pola Policía Nacional, é onde sucedeu todo. Ás seis da tarde recibían os bombeiros a chamada.

José Luis Currás, Cabo dos Bombeiros de Ourense: "Atopamos unha persoa no exterior levemente intoxicada e no interior unha persoa inconsciente que tivemos que extraer para que a tratasen os servizos sanitarios".

Segundo as últimas informacións, hai un terceiro intoxicado, que tamén foi trasladado. A orixe do monóxido de carbono é, segundo os primeiros indicios, un xerador de gasolina que os operarios empregarían para traballar no local.

"Moi probablemente foi unha intoxicación por monóxido de carbono debido á combustión dun xerador de electricidade que tiñan funcionando dentro do baixo, pero está baixo investigación policial", explica o cabo Currás.

Antes de retirárense, os bombeiros comprobaron tamén os niveis de monóxido de carbono nos locais e garaxes lindeiros.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade