Falece un mozo en prácticas ao caerlle enriba unha tubaxe de gran peso en Vilalba
O sinistro produciuse no polígono industrial Sete Pontes, nunha empresa de construción de maquinaria industrial
Arquivo
O suceso produciuse no polígono industrial Sete Pontes mentres a vítima realizaba prácticas nunha empresa de construción de maquinaria industrial. Malia os esforzos dos servizos sanitarios, só se puido certificar o seu falecemento no lugar.
O 112 Galicia tivo constancia do ocorrido a través do aviso do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que informaba dun mozo ferido de gravidade tras caerlle enriba unha tubaxe duns 500 kg de peso nunha empresa situada no polígono industrial.
🔴#AXEGAInforma dun mozo falecido en Vilalba.
— 112 Galicia (@112Galicia) May 6, 2026
📍 Polígono Industrial Sete Pontes.
➡️ A vítima facía prácticas nunha empresa cando unha tubaxe lle caeu enriba.
🔗 https://t.co/NbZ5zyamA6 pic.twitter.com/cK3dA5k7uj
Pasouse aviso inmediato aos axentes da Garda Civil e da Policía Local, así como aos efectivos de Protección Civil da localidade. Unha vez no punto, e malia as manobras realizadas polo persoal sanitaro, finalmente só se puido confirmar o falecemento do mozo no mesmo lugar do suceso.