Cargando resultados...
Rescatado un traballador que caeu na presa de Eiras
O operario foi trasladado ao hospital cun traumatismo na cadeira
G24.gal
12/02/2026 20:37
Accidente laboral na presa de Eiras. Un traballador tivo que ser rescatado. Estaba nunha das galerías interiores do encoro, situado entre Fornelos de Montes e Pontecaldelas.
Foi un particular quen alertou do accidente o 112. Polo momento, descoñécense as causas do suceso. O home non chegou a perder a consciencia e foi trasladado ao hospital de Povisa cun traumatismo de cadeira.