Cargando resultados...
Tres nenos feridos nun atropelo á entrada dun garaxe en Pontevedra
Dous cativos teñen feridas leves e unha nena foi trasladada ao hospital
Estaban xogando no chan e o condutor non os viu ao acceder ao aparcadoiro

G24.gal
14/05/2022 21:38
Última actualización 14/05/2022 21:46
Tres nenos de entre 5 e 12 anos foron este domingo atropelados na entrada dun garaxe en Pontevedra. Dous deles sufriron feridas leves e a terceira, unha nena de nove anos, foi trasladada ao hospital para valorar unha posible fractura.
Segundo confirmou a Policía Local, o accidente ocorreu pasada a unha da tarde en Monte Porreiro. Os cativos estaban pintando no chan e iso provocou que o condutor do vehículo non os vira na entrada do aparcadoiro. A pouca velocidade á que ía o coche evitou danos maiores.