Detido o condutor do camión que provocou o accidente de tráfico múltiple en Barcelona
Está acusado de tres homicidios imprudentes ao morrer tres persoas no lugar do sinistro
Víronse implicados cinco vehículos e causou unha retención quilométrica na AP-7

Os Mossos d´Esquadra detiveron o condutor do camión que ocasionou o accidente de tráfico múltiple desta tarde na autoestrada AP-7 en Barberá del Vallés, Barcelona, acusado de tres homicidios impreudentes.
O sinistro, no que se viron implicados o camión e catro turismos, ocasionou a morte de tres persoas no lugar do sinistro: un era o único ocupante dun dos coches que se incendiou trala colisións e os outros dous viaxaban na parte traseira doutros dos turismos implicados.
Os bombeiros tiveron que practicar cinco excarceracións.
Os servizos de emerxencis atenderon trece persoas das que unha permanece en estado crítico e outra en estado grave. Ademáis, trasladaron outras cinco persoas a distintos centros sanitarios con feridas de diversa consideración.
O accidente desencadeou unha retención quilométrica ao ser hora punta nos arredores de Barcelona.