Cargando resultados...
Tres feridos nun accidente múltiple na AG-53 en Santiago
A un deles tiveron que trasladalo ao hospital, pero os outros dous foron atendidos no lugar
G24.gal
20/06/2022 17:42
Última actualización 20/06/2022 18:22
Tres persoas resultaron feridas nun accidente de tráfico ocorrido esta tarde en Santiago. O sinistro ocorreu arredor das 4 da tarde na autovía AG-53 á altura da localidade do Eixo.
No accidente víronse implicados 3 vehículos.
Un dos feridos tivo que ser trasladado ao hospital. Os outros dous, foron atendidos no propio lugar polos servizos de emerxencia.
Dous dos tres carrís da autovía tiveron que cortarse ao tráfico mentres duraba a atención ás vítimas.
Polo de agora descoñécense as causas do sinistro.