Publicador de contidos

Publicador de contidos

Tres estradas galegas están entre as cinco máis perigosas da rede viaria española

Tres estradas galegas están entre as cinco máis perigosas da rede viaria española

A vía que comunica Maside e Boborás, a N-642 á altura de Ribadeo e N-550 entre Betanzos e Ordes sitúan Galicia no alto deste negativa clasificación

As estradas convencionais, cun só carril, son as causan máis risco e accidentes

G24.gal 20/05/2022 16:39

Os treitos perigosos de estradas son os que concentran máis accidentes, e algúns levan tempo sendo parte desa clasificación de estradas nas que hai que poñer moita atención.

Un só carril en cada sentido, varios cruzamentos ao mesmo nivel e zonas de curvas converten os dez quilómetros de estrada nacional entre Maside e Boborás no segundo máis perigoso de toda España.

Dende o 2017 houbo alí dous sinistros mortais e varios graves. As chamadas por accidentes son habituais nos servizos de emerxencias.

Un perigo do que xa vén advertindo o informe de Europa dende hai varias anos e que levou a incrementar a vixilancia.

O cuarto punto máis perigoso de España é un treito de 8 quilómetros na N-642 en Ribadeo, Lugo e o quinto, dez quilómetros entre Betanzos e Ordes na Nacional 550 na Coruña.

As estradas convencionais, cun só carril, son as máis perigosas, desatacan dende RACE. Nelas prodúcense 3 de cada catro accidentes.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade