Publicador de contidos

Publicador de contidos

Fin de semana de sol e praia en Galicia

Fin de semana de sol e praia en Galicia

As boas temperaturas sitúan os areais galegos como principal destino desde este venres ata o domingo

G24.gal 16/05/2025 14:43

Ata semella que agradecen as retinas estes azuis brillantes que este ano se fixeron tanto de rogar. Así que, con medio mes de maio fóra, case que ninguén quere perder a oportunidade de aproveitar o bo tempo que nos acompañará toda a fin de semana.

Pasaba moi pouco das once da mañá cando comezaron a chegar os bañistas á praia de Cabío. Había gana, porque para moitos son aínda a primeira oportunidade de tomar un pouquiño de vitamina D.  A boa noticia é que ademais xa hai bares de praia abertos, enchendo os barrís de cervexa e o caderno das reservas.

"Empeza a parecer potente, xa temos moitas reservas para comer, porque ademais, co festivo das letras galegas, moita xente non traballa o sábado", conta Yessika Castro, responsable do bar Lombiña.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade