Publicador de contidos

Publicador de contidos

Tres días de ilusión con actividades para todos os públicos en Lugo Máxico

Tres días de ilusión con actividades para todos os públicos en Lugo Máxico

A cita lucense coa maxia deu comezo coa actuación de varios magos no HULA

Félix Aragunde 27/05/2022 14:29

Lugo Máxico 2022 deu comezo, como nos últimos dez anos, no hospital Lucus Augusti. Así, en diversas áreas do HULA, un grupo de magos realizaron diversos trucos ante os pacientes e os seus visitantes.

Gloria Enríquez, supervisora da área de Humanización do HULA: "Gústalles moito porque é unha actividade moi terapéutica. Failles moito ben porque lles potencia a memoria, a atención, a concentración, as habilidades sociais, a capacidade de sorpresa, o asombro..."

Mago Antón, organizador de Lugo Máxico 2022: "Todos os anos, cando comeza Lugo Máxico os magos estamos aquí con toda aquela xente que non pode participar dunha maneira directa dos espazos que creamos na cidade coa maxia. Se eles non poden ir, estamos nós acó".

Durante toda a fin de semana haberá espectáculos de maxia para todos os públicos, ademais de conferencias, unha feira e obradoiros para os máis pequenos.

Marcos Waldemar, mago: "Imos estar un par de horas con rapaces para inicialos na maxia. Van aprender algún xogo con cartas, tarxetas ou moedas. E ao final do obradoiro van levar de recordo algunha baralla ou algún elemento co que van poder sorprender toda a súa familia".

Mago Antón, organizador de Lugo Máxico 2022: "E o sábado haberá a Feira dos Imposibles, con máquinas incribles coas que o público familiar poderá interactuar".

Lugo Máxico acollerá tamén catro galas, todas na carpa instalada na praza da Horta do Seminario. A última delas, a gran gala de clausura, celebrarase o domingo á tarde.

Os magos sorprenderon pacientes e visitantes Os magos sorprenderon pacientes e visitantes
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos