Publicador de contidos

Publicador de contidos

O lucense Marcos Waldemar é o novo campión de España de Maxia

O lucense Marcos Waldemar é o novo campión de España de Maxia

Ideou un sistema para cambiar olores, o que lle outorgou o primeiro premio no Congreso Nacional celebrado en Barcelona

Xa está preparando o seu espectáculo de setembro, que inclúe números como o que lle valeu a distinción

Xogos que se poderán ver proximamente
G24.gal 18/07/2025 20:07 Última actualización 18/07/2025 20:30

O mago Marcos Waldemar é quen de facer aparecer sobre o mazo de cartas unha elexida previamente con só pasarlle a man por enriba. É a súa mellor carta de presentación, nunca mellor dito.

Marcos Waldemar leva desde cativo facendo maxia. Asegura este ilusionista de Portomarín que "desde que tiña catro anos xa xogaba a ser mago.

Escoitaba as historias do conde de Waldemar na miña casa, que dicían que parou o tráfico no Golden Gate, que facía nevar nun interior, que collía un anaco de papel de periódico e transformábao en mil pesetas".

Acaba de proclamarse campión de España no Congreso Nacional de Maxia, e terceiro na categoría de salón. Explica que "o recoñecemento en ambas categorías déronmo polo desenvolvemento dun sistema para facer aparecer e desaparecer olores. Foi algo moi novidoso que aos magos lles gustou".

Xogos que se poderán ver proximamente. Así o adianta Marcos Waldemar: "isto e moitas maxias máis pódense verse no meu espectáculo 'Inherente' co que en setembro iremos por toda Galicia e faremos maxia con olores, mentalismo... Ata a veces neva nos teatros". É cousa de maxia. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade