Publicador de contidos

Publicador de contidos

Tres cousas que dan noxo nos hoteis

Tres cousas que dan noxo nos hoteis

Con este singular reclamo, unha extraballadora do servizo de limpeza enumera as razóns polas que non emprega os vasos nos cuartos de hotel ou por que nunca pisa a moqueta descalza

O vídeo, publicado en TikTok, ten preto de 2 millóns de reproducións

Para os clientes habituais, a hixiene non depende do número de estrelas dos hoteis

G24.gal 07/10/2025 14:03

"A primeira é nunca volver usar os vasos que hai nos baños porque a regra era limpalos co mesmo trapo que o resto do baño", asegura no seu perfil de TikTok Danna Murillo, unha costarriqueña, extraballadora do servizo de limpeza en tres hoteis.

"Para nada, veñen herméticos, na súa bolsiña. Polo menos, onde estivemos nós, os vasos estaban selados e herméticos", comenta unha parella de malagueños de visita en Ourense, cando ven o vídeo.

"Pois eu bebo pola miña botella, polo vaso non bebo", asegura un veciño de Lobios, tamén de visita en Ourense.

"Algunha vez tiven que baixar mercar lixivia para darlle un repasiño ao váter, que é o que dá máis noxo", engade outra turista, tamén de Málaga.

"Número 2: as almofadas decorativas non se lavan. As brancas si, pero as outras lávanas unha vez ao ano", continúa Danna Murillo.

"Tamén, co pouco tempo que teñen para traballar dun cuarto a outro, é normal que o fagan todo un pouco rápido", reflexiona unha turista. "E páganlles moi pouco", conclúe outra muller.

"E, por último, nunca camiñen descalzos ou en medias se o hotel ten alfombra, porque non se lavan", conclúe a 'influencer'.

"Hai hoteis que si e hoteis que non, e dá igual que sexan de tres, catro ou cinco estrelas". "Poden ser máis luxosos ou menos luxosos, pero limpos", conclúen, tamén, persoas usuarias de hoteis.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade