Instagram, TikTok e YouTube triunfan entre a mocidade
Mentres Facebook envellece, estas son as plataformas máis usadas entre os adolescentes
Nelas atopan toda a información e entretemento e foxen dos medios convencionais
A vida da xente nova xira arredor das redes sociais, pero non todas teñen a mesma aceptación. TikTok e Instagram son as plataformas máis utilizadas na adolescencia e YouTube entre os máis pequenos.
"Pouco máis realmente, o X é máis para a xente maior e Facebook para máis maior aínda".
"Facebook, non; sabemos o que é, pero non o utilizamos ", comentan os máis novos.
Nas súas plataformas preferidas atopan toda a información e o entretemento que precisan.
"Eu creo que xa estamos afeitos a informarnos de todo o que pasa por Instagram e por X, mais que pola televisión, a verdade".
"O 'feed' que teño eu é política, deportes".
"Gústame ver vídeos de comida".
"Entrevistas, música".
"Sobre cine tamén, moita 'influencer' tamén".
E tamén para o rexouba:
"Eu son a rexoubeira que non sobe nada, pero miro o de todos".
"Vaia, si o normal, o que sobe a xente para saber un pouco da súa vida".
"Rir, entreterse e para iso están, para 5 minutiños no bus pois mellor pasalos así que mirando para o aire".
5 minutiños tampouco. Se algo son as redes sociais é pura adicción.
"Engancha bastante, si".
"Pensas que vas botar 5 minutos e ao final estás unha hora perdendo o tempo".
Ven os contidos que colgan outros, pero tamén alimentan as plataformas cos que eles crean. Nas redes sociais tamén hai enfoque de xénero, igualiño que na vida real.
"Entre as mulleres fan vídeos pois moitas veces dos seus 'outfits', das súas maquillaxes...".
"Pode soar algo sexistas pero as rapazas son moito máis de facer vídeos máis bailando e tal, e os rapaces son vídeos de carallada realmente", explican.