Publicador de contidos

Publicador de contidos

Tres citas moi importantes da 1ª RFEF esta fin de semana na G2

Tres citas moi importantes da 1ª RFEF esta fin de semana na G2

O sábado o Deportivo recibe o Fuenlabrada en Riazor (19:00)

O domingo veremos o partido do Rácing en Mérida (12:00) e o do Celta B diante do Unionistas (17:00)

G24.gal 07/04/2023 17:45

O Deportivo volve a Riazor para enfrontarse a un rival da zona baixa e de infausto recordo, o Fuenlabrada, que pelexa por evitar o descenso. Os de Óscar Cano necesitan gañar logo do tropezo ante Unionistas para recortar distancias co Alcorcón, que vai líder con catro puntos máis que os coruñeses.

O domingo o Rácing xoga en Mérida cos ánimos renovados logo dos últimos triunfos. Encadea 4 vitorias seguidas que o colocan terceiro na clasificación, cun punto máis que o Dépor. Agárdanse case arredor de trinta graos de temperatura no Romano José Fouto pero fiel ao seu estilo, Cristobal réstalle importancia ao que non sexa estritamente deportivo.

O Celta B tentará aproveitar a situación privilexiada en que se atopa. Quinto na táboa e co obxectivo da permanencia conseguido, o filial soña con xogar o play off pero sen a presión que teñen outros rivais por lograr o ascenso. Con esa tranquilidade tentarán prologar a boa serie na casa fronte a Unionistas. Como locais sumaron 26 dos últimos 30 puntos disputados.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade