Publicador de contidos

Publicador de contidos

Tres candidatos a alcalde en Galicia nados no século XXI

Tres candidatos a alcalde en Galicia nados no século XXI

Teñen 21 anos e son candidatos ás alcaldías de cadanseu concello

G24.gal 12/03/2023 14:03 Última actualización 12/03/2023 14:16

En común teñen que naceron en 2001, que están rematando Ciencias Políticas e que presentaron a súa candidatura para a alcaldía de cadanseu concello. Artai polo BNG en San Cibrao das Viñas; Alba polo PSOE en Castro de Rei e Nicole polo PP en Pol. Teñen 21 anos e cren que poden facer moito polo seus veciños.

Botan en falta ter algo máis de tempo para a familia ou os amigos, pero están completamente involucrados e comprometidos coa súa candidatura; tamén nerviosos e expectantes por esta nova experiencia que asumen con responsabilidade.

Agora a preocupación de todos eles está posta nos seus veciños; con vistas ao futuro, malia as diferentes opcións que defenden, todos apostan por un clima máis cordial nas relacións políticas. E, sen problema, vense aquí dentro de trinta anos tomando un café e buscando solucións para os problemas que haxa que resolver daquela.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade