Publicador de contidos

Publicador de contidos

Trens ateigados en Galicia na segunda fin de semana de abono gratuíto

Trens ateigados en Galicia na segunda fin de semana de abono gratuíto

Renfe aumentou en 14.000 a oferta de prazas nos servizos de media distancia pero aínda así os trens foron cheos

G24.gal 09/09/2022 21:48

Renfe aumenta en 14.000 prazas a oferta nos servizos de Media Distancia do Eixo Atlántico e os Avant. A pesar diso as estacións galegas de tren rexistraron unha grande afluencia de viaxeiros nesta segunda fin de semana de uso do abono gratuíto.

As prazas que se ofrecen a maiores beneficiarán a todos aqueles viaxeiros que se despracen entre A Coruña, Santiago de Compostela, Pontevedra e Vigo (e estacións intermedias destes percorridos) e aos usuarios dos trens Avant entre A Coruña, Santiago de Compostela e Ourense.

Na liña entre A Coruña e Ourense, Renfe ofrecerá máis de 1.900 prazas de incremento respecto ao verán, o que supón un incremento do 9% nun día laborable medio.

Segundo o operador ferroviario, ofreceranse máis prazas denominadas "sinerxiadas", que son prazas en trens de longa distancia onde se pode viaxar con tarifa de Avant.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade