Publicador de contidos

Publicador de contidos

Tres detidos e 40 quilos de cocaína intervidos nunha operación contra o narcotráfico en Ourense

Tres detidos e 40 quilos de cocaína intervidos nunha operación contra o narcotráfico en Ourense

Sería un dos maiores golpes contra o tráfico de drogas na provincia

Dous dos implicados ingresaron en prisión e o outro quedou libre con medidas cautelares

Hai tres arrestados mais en Majadahonda cun total de 82 quilos de cocaína aprehendidas 

Vehículo da Policía Nacional/ Arquivo Vehículo da Policía Nacional/ Arquivo
G24.gal 27/11/2022 10:53 Última actualización 27/11/2022 13:02

A Policía Nacional nunha operación corordinada polo Xulgado de Instrución Número Un de Ourense arrestou varias persoas en distintos lugares da xeografía española, entre as que están tres detidos en Ourense, aos que se lles requisaron uns 40 quilos dunha substancia que se sospeita que é cocaína, á espera da confirmación no laboratorio.

Sería a operación, denominada "Espita", un dos maiores golpes contra o narcotráfico en Ourense nos últimos anos. Hai outros tres detidos na localidade madrileña de Majadahonda.

Un dos tres arrestados en Ourense tiña na casa tres armas que se atoparon no rexistro coa orde xudicial pertinente.

Os supostos implicados na rede de tráfico de estupefacientes pasaron o sábado a disposición xudicial. Dous dos sospeitosos ingresaron en prisión provisional, mentres que un terceiro quedou en liberdade provisional, con medidas cautelares e terá que comparecer no xulgado os días 1 e 15 de cada mes para evitar o risco de fuga.

O grupo dous da Unidade de Droga e Crime Organizado (UDYCO) da Policía Nacional encargouse desta investigación que permitiu capturar seis supostos narcotraficantes, incautarse de 82 quilos de cocaína,  90 mil euros en efectivo, tres armas de fogo, tres vehículos, unha prensa, unha envasadora ao baleiro e outros efectos relacionados co tráfico de drogas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade