Publicador de contidos
Publicador de contidos

Trasladada unha persoa ao hospital por inhalación de fume tras un incendio en Vigo

Trasladada unha persoa ao hospital por inhalación de fume tras un incendio en Vigo

O lume rexistrouse pouco despois das seis da mañá nun garaxe da estrada de Camposancos

Boombeiros de Vigo nunha imaxe de arquivo Boombeiros de Vigo nunha imaxe de arquivo
G24.gal 10/11/2024 10:31

Unha persoa tivo que ser trasladada ao hospital este domingo por inhalación de fume tras un incendio ocorrido na cidade de Vigo.

O lume rexistrouse pouco despois das 6:00 horas da mañá, cando un particular alertou o 112 de que saía fume dun garaxe na estrada de Camposancos.

112 informou os Bombeiros de Vigo, a Policía Nacional e Local e o Grupo de Voluntariado de Protección Civil.

Os bombeiros, tras extinguiren o incendio, indicaron que non se produciran demasiados danos materiais, pero si que foi necesaria asistencia médica para unha persoa por mor da inhalación de fume que o persoal sanitario trasladou ao hospital.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar