Publicador de contidos
Publicador de contidos

Tras o devastador incendio, os arquitectos insisten en que a normativa actual é "moi esixente"

Tras o devastador incendio, os arquitectos insisten en que a normativa actual é "moi esixente"

En Valencia recomendan a revisión dos edificios semellantes ao incendiado 

Hai inquedanza entre os residentes de inmobles con fachadas semellantes do mesmo promotor, coma na localidade de Mislata

G24.gal 25/02/2024 20:50 Última actualización 25/02/2024 21:09

Haberá que agardar á investigación técnica pericial, pero os expertos coinciden en que o revestimento do edificio, nas primeiras horas falouse de poliuretano, despois de la de roca, e a estrutura de "fachada ventilada", que contribúe a crear o "efecto cheminea", foron decisivos para o devastador incendio. 

Os arquitectos insisten en que a normativa actual é moi esixente e que se reforzou tras o incendio da Torre Grenfell en Londres.

"Creo que foi en marzo ou abril de 2006, sacouse o código técnico da edificación, que é a normativa que temos hoxe en día, foise modificando en 2013, en 2019 cambiou a raíz dun incendio que houbo no Reino Unido. Hoxe en día temos unha normativa moi esixente que vixía todos estes temas", destaca Adrián Ferrando, arquitecto.

A preocupación doutros propietarios é evidente. O sucedido espertou a inquietude dos residentes en inmobles con fachadas similares, coma un na localidade de Mislata, preto de Valencia capital. A construción é do mesmo promotor que a sinistrada. Xa solicitaron informes técnicos.

"Con fachada ventilada hai moitas promocións, non sei con que material concreto porque tampouco sabemos aínda o material que se puxo aí, pero si que sabemos que hai algún edificio da mesma promotora, mesmos anos aproximadamente, aos que deben botar un ollo para ver que materiais teñen", engade Adrián Ferrando.

Este arquitecto asevera que, de ser preciso, cambiar toda a fachada en edificios coma este chegaría a custar entre un e tres millóns de euros.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade