Publicador de contidos

Publicador de contidos

Transportes licita por 25,12 millóns de euros a conservación de estradas en Pontevedra

Transportes licita por 25,12 millóns de euros a conservación de estradas en Pontevedra

O contrato está destinado ao mantemento e conservación de 169,625 quilómetros de estradas pontevedresas

A duración do contrato é de 3 anos, con posibilidade de prórroga de 2 anos

Obras na VG-20 (Vigo) Obras na VG-20 (Vigo)
G24.gal 12/08/2025 17:26 Última actualización 12/08/2025 17:34

O Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostible licitou por 25,17 millóns de euros un contrato para a conservación e explotación de estradas do Estado na provincia de Pontevedra.

A duración do contrato é de 3 anos, con posibilidade de prórroga de 2 anos e outra adicional dun máximo de 9 meses e o documento inclúe requisitos para promover a eficiencia enerxética e a redución de emisións.

O contrato está destinado ao mantemento e conservación de 169,625 quilómetros de estradas pontevedresas, case a metade en autovías (82,4 quilómetros).

Así, abarca a autovía A-52, desde o límite provincial con Ourense (km 267) ata O Porriño (km 306); a autovía A-55, entre Vigo (km 0) e a fronteira portuguesa, pasado Tui (km 32), ou a vía de circunvalación VG-20.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade