Trámite de Champions para estar nos cuartos de final
Trámite de Champions para estar nos cuartos de final
O Real Madrid recibe o Liverpool coa clara vantaxe do partido de ida en Anfield (2-5)
Con todas as esperanzas depositadas en volver facer historia na súa competición fetiche, o Real Madrid afronta a volta dos oitavos de final da Champions. 2-5 en Anfield, tres goles de vantaxe, pero un pasado repleto de remontas para superar as roldas ata a final do ano pasado, por exemplo. Ancelotti asegura que a súa proposta ante o Liverpool será ofensiva.
Se os ingleses queren estar en cuartos terán que protagonizar a maior remonta da súa historia en Liga de Campións. Malia non ser este o mellor Liverpool de Klopp, o 7-0 endosado ao United hai dúas xornadas permítelles crer no milagre.
Mendy é a principal novidade da convocatoria dos brancos. O lateral esquerdo regresa tras perder 12 partidos. Ancelotti, que só terá a baixa de Alaba, tamén recupera a Benzema, ausente ante o Espanyol por unhas molestias no nocello. Thiago Alcántara, Luís Díaz e Bajcetic son baixa no Liverpool.