Publicador de contidos

Publicador de contidos

Tráfico fará cambios no recoñecemento médico para renovar o carné

Tráfico fará cambios no recoñecemento médico para renovar o carné

Búscase unificar criterios á hora de avaliar as aptitudes dos condutores e que se poida acceder ao seu historial médico

Os médicos poderán prohibir a condución de noite a persoas con problemas de visión

G24.gal 01/02/2023 20:00

A DXT vai introducir cambios no recoñecemento médico para renovar o carné de conducir.

Queren que todos os psicotécnicos sigan os mesmos protocolos e que se poida acceder á historia clínica do condutor.

Está claro que non todo o mundo ten as mesmas capacidades para conducir e algúns intentan ocultalas.

Por iso é importante que os recoñecementos médicos sexan exhaustivos e que se poida acceder á historia clínica.

Co novo protocolo de exploración que redactou a DXT, búscase unificar criterios á hora de avaliar as aptitudes dos condutores. Ademais dun catálogo rigoroso de probas médicas, é tamén unha guía con consellos sanitarios.

Prohibir a condución de noite a persoas con problemas de visión é algunha das limitacións que os facultativos van poder implantar á hora da renovación do carné, xa que eles son os que mellor poden valorar.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos