Publicador de contidos

Publicador de contidos

Toma posesión o novo deán da catedral de Santiago

Toma posesión o novo deán da catedral de Santiago

Manuel Xesús Formoso naceu en 1973 en Muros e é licenciado en Filoloxía

G24.gal 28/07/2025 21:18

O novo deán presidente da catedral de Santiago, Manuel Jesús Formoso, tomou posesión este luns do seu cargo.

Foi nunha cerimonia relixiosa que se celebrou ás sete e media da tarde.

Formoso substitúe no cargo a D. José Fernández Lago por un período de catro anos, renovable por outro período consecutivo.

Manuel Xesús Formoso naceu en 1973 en Muros e é licenciado en Filoloxía (especialidade en Lingua Inglesa).

Ordenado sacerdote o 8 de xullo de 2001, desenvolveu unha ampla labor pastoral na Diocese de Santiago, así como a docencia no Seminario Menor da Asunción.

Entre 1999 e 2002, exerceu de secretario do daquela bispo auxiliar, don Luis Quinteiro Fiuza.

O arcebispo emérito, monseñor Xulián Barrio, nomeouno vicechanceler-secretario do Arcebispado (en 2002), ademais de moderador da Curia (entre 2021 e 2023).

Foi nomeado cóengo da Catedral de Santiago en 2021 e, desde 2024, é tamén vigario parroquial de San Bieito e Santa María do Camiño, en Santiago de Compostela.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade