Milleiros de persoas peregrinan ata a Virxe dos Milagres de Savedra
Moitos dos romeiros veñen camiñando dende a capital polas beiras da nacional para encomendarse á Virxe ou agradecerlle favores
Savedra celebra a Virxe dos Milagres cada 24 de maio desde hai máis de douscentos anos
Paraa cumprir coa tradición, hai que dar tres voltas ao redor da igrexa
Como cada 24 de maio dende hai máis de douscentos anos, milleiros de romeiros peregrinan á igrexa dos Milagres de Savedra, en Begonte, para encomendarse á Virxe. Pedir e agradecer favores, para un mesmo ou para outra persoa, é un dos motivos polo que camiñar ata Saavedra, un templo no que os fieis escoitan misa e no que, se queren cumprir coa tradición: hai que dar tres voltas ao redor da igrexa; unha tradición que antigamente moitos romeiros facían de xeonllos.
A xornada comezou coa celebración das misas desde as sete da mañá ata as 13 horas. Unha vez oída a misa xa se pode pasar á sesión vermú, que este ano amenizou o grupo Punto Clave. Pola noite, todos se preparan para disfrutar da verbena canda a orquestra Fania Blanco Show.
Mañá domingo, as misas van comezar as 11:30 e a sesión vermú vai estar amenizada polo grupo Fenix