Publicador de contidos

Publicador de contidos

Tolemia en Ferrol coas entradas xa esgotadas para o Racing-Celta B

Tolemia en Ferrol coas entradas xa esgotadas para o Racing-Celta B

Álex López: "É algo emocionante para todos, pero para os que somos de aquí é algo que nos enche de orgullo"

G24.gal 23/05/2023 13:48 Última actualización 23/05/2023 17:59

Tolemia en Ferrol. Desde as sete da mañá, as inmediacións do estadio estaban cheas de socios na procura dunha entrada. Unha cidade entregada, unha afección orgullosa e ilusionada. Máis de once mil persoas ateigarán este sábado A Malata. Ninguén quere perder o duelo co filial do Celta. Pola tarde, o Racing anunciaba que xa non quedaban entradas á venda.

 

Esta mañá vimos o capitán do Racing, Álex López, emocionado coa resposta da afección

"É algo emocionante para todos, pero para os que somos de aquí é algo que nos enche de orgullo".

"É importante a identidade que está xerando o grupo. O racinguismo medra".

O Racing ten na súa man a opción do ascenso directo e volver ao fútbol profesional catorce anos máis tarde.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade