Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os trece fornos de Cea traballan para ter listas 2.000 pezas para a súa festa do pan

Os trece fornos de Cea traballan para ter listas 2.000 pezas para a súa festa do pan

"Ten algo que non ten o outro pan", aseguran mentres preparan a edición 39 da súa festa

G24.gal 01/07/2022 14:26

En San Cristovo de Cea ultiman os preparativos para a celebración da que é, sen dúbida, a súa festa máis emblemática. 

29 edicións fai a festa de exaltación do pan de Cea, que volve a este campo da Saleta tras dous anos de parada obrigada pola pandemia.

Os actos comezan xa mañá con obradoiros sobre a elaboración do pan e a celebración da Ruta dos Fornos con distintas experiencias gastronómicas e o pan como protagonista.

Xa o domingo será a festa en si: saen á venda dúas mil pezas de pan, e haberá xantar popular para catrocentas persoas. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos