Publicador de contidos

Publicador de contidos

Tito Díaz: "Temos un bo equipo"

Tito Díaz: "Temos un bo equipo"

Luis Casimiro xa ten a todos os seus xogadores dispoñibles salvo o letón Arturs Kurucs

Hoxe o Rio Breogán presentou o seu novo director de xogo, Dewayne Rusell

Foto Breogán
G24.gal 02/09/2025 14:51 Última actualización 02/09/2025 14:59

O director deportivo del Río Breogán, Tito Díaz, considera que formaron “un bo equipo” para conseguir o obxectivo da permanencia na liga Endesa coas fichaxes de Dario Dreznjak (Keravnos BC), Keandre Cook (Ironi Kiryat), Francis Alonso (Estudantes), Danko Brankovic (Bayer de Múnic), Bakary Dibba (Heidelberg) e DeWayne Russell (Petkim Spor).

“Cremos que temos un bo equipo. Imos xogar nunha liga moi forte, pero estou seguro de que todos xuntos imos poder competir e sacar adiante o obxectivo”, manifestou en conferencia de prensa.

O pivote congolés Jordan Sakho uniuse este martes aos adestramentos do equipo lucense, polo que o técnico Luis Casimiro xa ten a todos os seus xogadores dispoñibles salvo o letón Arturs Kurucs, disputando coa súa selección nacional o EuroBasket.

“Estamos moi contentos porque está a xogar cunha media de 20 minutos por partido. Onte xogou 30 minutos contra Portugal e está a ser importante na súa selección. Iso é bo porque vai chegar nun bo estado de forma”, comentou Tito Díaz. 

Hoxe o Rio Breogán presentou o seu novo director de xogo, Dewayne Rusell. Base estadounidense, de 31 anos e 1,80 de estatura. Medrou como xogador en Italia, en Alemaña logrou ser o máximo anotador da liga e agora chega a Lugo tras o seu último paso por Turquía.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade