Publicador de contidos

Publicador de contidos

Tevin Brown, forza en defensa e gran capacidade anotadora para o Breogán

Tevin Brown, forza en defensa e gran capacidade anotadora para o Breogán

O seu récord a pasada tempada logrouno nun partido contra o Hamburgo, onde anotou 46 puntos, capturou 7 rebotes e deu 4 asistencias para chegar aos 47 de valoración

G24.gal 21/08/2026 13:18 Última actualización 21/08/2026 13:50

O Breogán presentou a Tevin Brown. Formouse na Universidade de Murray State (Kentucky). Tras completar o seu periplo universitario de catro anos, disputou la Liga de Verán da NBA cos Indiana Pacers en 2022 e asinou cos Fort Wayne Mad Ants da NBA G League.

Posteriormente, deu o salto internacional para xogar en Nova Zelandia e, máis tarde, na ProA francesa cos Metropolitans 92, onde na súa primeira experiencia europea fixo unha media de 9,2 puntos, 2,2 rebotes e 1,4 asistencias por partido. Na tempada 2023/24 militou nas filas dos Ottawa BlackJacks da liga canadense, asinando uns rexistros de 18,6 puntos e 3,3 rebotes. Durante o curso 2024/25, competiu entre Hungría (15,7 puntos e 4,2 rebotes en 10 partidos co Zalakeramia ZTE KK) e Polonia (16 puntos e 3,5 rebotes co Pszczolka Start Lublin).

A pasada tempada defendeu a camiseta do Rasta Vechta da primeira división alemá, onde destacou con 16,1 puntos, 4,4 rebotes e 1,7 asistencias por encontro, asinando ademais un notable 40,8% de acerto en triplas e anotando de media máis de tres por partido. Estes grandes números incrementáronse nos cinco partidos de playoff contra o Alba Berlín, nos que fixo unha media de 17,8 puntos, 4,8 rebotes e 2,2 asistencias. Co seu equipo disputou ademais a FIBA Europe Cup, cunhas medias de 13,5 puntos e 4 rebotes cun 46,2 % en triplas.

Tevin Brown é un xogador cun gran talento ofensivo que pode ocupar as posicións de escolta e ala. Moi rápido na transición e no lanzamento a canastra, é un xogador intenso en ataque e defensa que axuda no rebote, ademais de contar cunha contrastada capacidade anotadora. O seu récord a pasada tempada logrouno nun partido contra o Hamburgo, onde anotou 46 puntos, capturou 7 rebotes e deu 4 asistencias para chegar aos 47 de valoración.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade