Publicador de contidos

Publicador de contidos

Testemuñas do crime de Yoel Quispe din que viron varias persoas "mallando noutra" e que intentaron frear a lea

Testemuñas do crime de Yoel Quispe din que viron varias persoas "mallando noutra" e que intentaron frear a lea

A nai da vítima podería declarar o venres por mor do atraso nestes primeiros días de xuízo

G24.gal 03/06/2026 13:43

Segundo unha testemuña, que xa foi condenada a nove meses de cadea o pasado mes de abril por unha agresión previa ao crime de Yoel Quispe, os tres mozos que sentan no banco dos acusados metéronse na lea para poñeren paz.

"Chegan a separarnos en toda a lea. A patir de aí, Yoel vai contra eles, intenta tamén mallar neles e despois non vin moito máis".

Declarou tamén unha parella de amigos que pasaba de casualidade pola rúa Juan Flórez no momento da pelexa, aquela madrugada do 24 de decembro do 2023.

"Vimos que había sete ou oito persoas, non lembro exactamente. Estivemos mirando un intre e xa nos decatamos de que non eran dous bandos, senón que eran varias persoas mallando nunha".

"En ningún momento imaxinamos o que ía pasar. Pensabamos que era unha lea de mozos novos". 

"Intentei frear a situación, pero a verdade é que estaban bastante alterados, fóra de si. E foi cando lle dixen ao meu amigo que era mellor chamar a policía". 

"Foron segundos. Nós vimos a vítima tirada no chan. Fomos ver se estaba consciente ou non. O primeiro que pensamos foi que dera (Yoel) un golpe na cabeza. Despois xa vimos o sangue e decatámonos de que o acoitelaran".

Estaba previsto que este xoves declarase a nai de Yoel Quispe, porén por mor dos atrasos nestes primeiros días de xuízo é probable que testifique o venres. Os acusados, presumiblemente, darán a súa versión o xoves 11 de xuño.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade