Unha cuádrupla escala de cruceiros na Coruña abarrota a cidade
Os catros buques suman máis de 14.000 visitantes, entre tripulación e cruceiristas
A Autoridade Portuaria calcula un retorno económico dun millón de euros
O turismo de cruceiros deixa unha imaxe impactante no porto da Coruña. Catro xigantescos buques, o Arvia, o Celebrity Apex, o Deutchland e o Europa coinciden na cidade, e con eles máis de 14.000 visitantes entre tripulación e pasaxeiros.
En bus, a pé, ou en Tuc percorren a cidade herculina facendo parada obrigada nas terrazas, e entrando despois nas tendas, cun impacto económico previsto dun millón de euros.
Xoias ou recordos do Deportivo, unha das poucas cousas que os cruceiristas coñecían da cidade antes de pisala.
Este é o segundo día con máis cruceiristas na historia do porto, só superado por unha escala quíntupla en 2025 que desembarcou máis de 15.000 visitantes.
