A fiscala do xuízo polo crime de Yoel Quispe definiuno como un acto de violencia letal e desapiadado
A fiscala do xuízo polo crime de Yoel Quispe definiuno como un acto de violencia letal e desapiadado
As acusacións particulares insisten en que houbo unha única agresión grupal de varios mozos hacia Yoel Quispe
A avogada do autor confeso di que se fixo coa navalla para asustar a vítima e para defenderse dela
A morte de Yoel Quispe foi querida e aceptada polo autor confeso dos feitos. Trátase dunha morte tráxica a raíz dun acto de violencia letal e desapiadado. Así llelo manifestou a fiscala aos nove membros do xurado popular, aos que lles pediu que determinasen quen ten ou teñen responsabilidade naquela coitelada que acabou coa vida do mozo peruano de 22 anos.
"A día de hoxe, tras a investigación, só hai indicios obxectivos para atribuírlle a responsabilidade a unha perosa. O que si é necesario probar e a intención e, neste caso, a intención de matar. Nós entendemos que foi unha intención directa", explica a fiscala.
As acusacións particulares sinalan outros dous mozos: un deles por ser cooperador necesario e o outro por cómplice ou encubridor. Ambas aseguran que houbo unha única agresión grupal de varios mozos hacia Yoel Quispe.
"Iníciase a violencia por parte do autor confeso dos feitos que a berros comeza a pedir a navalla. Unha navalla que anteriormente portaba no seu cinto, segundo testemuñas, o mozo que consideramos cooperador necesario", explica o avogado da nai de Yoel Quispe.
"A morte de Yoel Quispe non pode ser comprendida unicamente desde a actuación do autor material senón que debe valorarse conxuntamente a intervención de todos os que contribuiron a súa execución ou a dificultar posteriormente a súa investigación", manifesta o avogado do pai de Yoel Quispe.
As tres defensas solicitan a libre absolución. A letrada do autor confeso di que actuou en lexítima defensa.
Tras as intervencións das partes, comezaron a declarar varias testemuñas que alegaron non lembrar con detalle que aconteceu aquela madrugada do 24 de decembro do 2023.