Condena de 20 anos para os dous mozos culpables do asasinato de Yoel Quispe
A sentenza inclúe outros cinco anos de liberdade vixiada cando saian do cárcere
Xa hai condena no caso da morte de Yoel Quispe na Coruña. 20 anos de cadea para José Luis Franco González e outros tantos para Yared Gestal Juncal. O xurado popular declarounos culpables de asasinato o 19 de xuño, e agora o titular da sección segunda da Audiencia Provincial da Coruña imponlles unha condena exemplar que inclúe outros cinco anos de liberdade vixiada cando saian do cárcere.
O maxistrado e os seus compañeiros de tribunal apoian deste xeito a decisión do xurado. E impoñen a quen acoitelou a Yoel na Noiteboa de 2023 e a quen, de maneira consciente e voluntaria, lle deu a navalla para facelo unha indemnización á familia da vítima por riba do millón e medio de euros.