Publicador de contidos

Publicador de contidos

Culpables de asasinato o autor da puñalada mortal a Yoel Quispe e o que lle deu a navalla

Culpables de asasinato o autor da puñalada mortal a Yoel Quispe e o que lle deu a navalla

O Tribunal do Xurado ditaminouno nun veredito por unanimidade no caso do autor e por maioría no caso do cómplice

(EFE/Cabalar)
G24.gal 19/06/2026 13:17 Última actualización 19/06/2026 13:58

O Tribunal do Xurado declarou culpable de asasinato o mozo autor confeso da puñalada mortal a Yoel Quispe, na Noiteboa de 2023 na Coruña, e tamén ao que lle facilitou a navalla, segundo recoñeceu o mesmo no xuízo.

Foi tras a deliberación durante esta semana e despois de que se lles entregase o obxecto do veredicto este luns. Todo tras un xuízo que se prolongou, na Audiencia Provincial da Coruña, durante varias semanas.

Isto con absolución xa, antes de reunirse o xurado para deliberar, doutro mozo, amigo dos anteriores, e que estivo presente ese día, sen chegar a ter participación, segundo defendeu a súa letrada. Foi, expuxo o xuíz, por ausencia de probas contra el. Só a acusación particular en representación da nai pedía a súa condena como cómplice.

Veredicto

Con unanimidade na maioría das preguntas expostas e por maioría nalgunhas outras, o xurado popular considerou probado que o autor confeso da puñalada mortal actuou coa intención de causar a morte mentres que rexeitou que tivese minguadas as súas capacidades cognitivas ou volitivas ou afectación por consumo de drogas.

Do mozo que lle deu a navalla, sostivo que era consciente do que podía ocorrer. No seu caso, non foi por unanimidade o veredicto, senón por maioría, con sete votos de membros do xurado. Por outra banda, entenden que a vítima tiña diminuídos os seus reflexos polo alto consumo etílico.

Petición de penas

Nas súas conclusións definitivas, Fiscalía solicitou condena por asasinato, en concreto 20 anos de cárcere e outros cinco de liberdade vixiada, para o autor confeso da puñalada mortal e para o outro procesado. Isto despois de que, na súa declaración, o primeiro atribuíse a un "arrebato" o feito de que pedise a navalla ao seu amigo.

"Veu pegarme, enfadeime e craveina", expuxo sobre a vítima. O considerado por Fiscalía e acusacións particulares cooperador necesario dixo, nun primeiro momento, que a arma era do autor do apuñalamento, pero logo recoñeceu que lla deu "por medo".

As acusacións particulares elevaron a 25 anos a súa solicitude de pena por asasinato para ambos os mentres que as defensas reclamaron a absolución dos seus clientes. No caso do mozo que admitiu agredilo coa navalla, a súa avogada expuxo, de forma alternativa, a consideración dos feitos como homicidio imprudente.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade