Os arxentinos en Galicia, preparados para a final da Copa do Mundo, algúns co corazón dividido
Unha familia arxentina conta os minutos para o enfrontamento contra España
Para o patricarca dunha familia arxentina que leva asentada en Galicia máis de vinte anos e que hoxe cumpre anos o mellor agasallo sería conseguir unha estreliña máis o domingo.
A 48 horas do partido decidiron respirar aire fresco e evitar o sofá que xa foi oficialmente declarado zona de alta tensión. E cada quen bota man do seu ritual, como é poñerse a camiseta no momento xusto, ainda que algún decida pasarse isto por alto, aproveitando que hoxe é o seu cumpreanos.
E a distancia tamén suma intensidade. Dende Bos Aires chegan mensaxes, pero para quen leva máis de vinte anos vivindo entre galegos, poden xurdir dúbidas. O corazón pode estar dividido.
"O que gañe o domingo que gañe. Teño os meus fillos españois, eu son arxentino...", conta un dos afeccionados
"Agora non sei... O meu corazón está dividido. Quero que gañe Arxentina, pero os meus netos son españois", explica outra familiar.
É o que lle pasa a quen naceu en Arxentina e ten fillos españois. Pero para outros, ainda que xurdan paixóns novas, como pode ser polo Dépor, din que a que se ten pola selección nunca cambia.