Terceira vitoria seguida dun Celta Fortuna que triunfa en Tajonar (2-3)
Hugo Álvarez, Alfon e Fer López marcaron os goles
O Osasuna Promesas só inquedou nas xogadas a balón parado
O Celta Fortuna é o equipo máis en forma do Grupo I da Primeira Federación. Sumou en Tajonar a terceira vitoria consecutiva (2-3) e consolídase nos postos altos da clasificación.
Aos sete minutos Hugo Álvarez marcou de penalti, pero os celestes xa xeraran dúas ocasións con anterioridade. O equipo de Claudio Giráldez foi o dominador do partido contra un Osasuna Promesas que só xerou ocasións nas accións a balón parado. Así chegou o empate cunha cabezada de Eneko Aguilar.
Os peores minutos do Fortuna coincidiron co inicio da segunda metade. Pero a dinámica mudou e comezaron a sacar perigosas contras como a que xerou o segundo gol nun pase de Hugo Álvarez aproveitado por Alfon. Era o minuto 74 e cinco despois Fer López, que xogou como titular, marcaba por segunda xornada consecutiva.
O Osasuna apertou por mor do gol marcado por Aguirre antes do engadido, noutra acción a balón parado, pero o resultado quedou así, coa terceira vitoria consecutiva dos celestes.