Terceira Copa Galicia de fútbol sala para o Poio Pescamar
Gañoulle ao Ourense Envialia na quenda de penaltis logo do empate a un ao final da prórroga
O Poio Pescamar é o campión da Copa Galicia na categoría feminina. Superou na final o Ourense Envialia, que se adiantou ademais no marcador no minuto 7, logo dun saque de banda que remata por baixo Iria Saeta.
Non se rendeu o Poio que empatou a falta de só 3 minutos para o remate do encontro. Dani Sousa, de reviravolta, fai un golazo que establecía o empate e enviaba o partido á prórroga.
Non houbo goles no tempo suplementario e na quenda dos penaltis, Caridad, a porteira do Poio adiviñoulle o lanzamento a Robinha e dáballe a vitoria ás de vermello. Felicidade enorme das gañadoras, as xogadoras do Poio e bágoas para o Ourense.
É a terceira Copa Galicia para o cadro pontevedrés.