Publicador de contidos

Publicador de contidos

Ten 101 anos e sóbenlle ata os cen euros ao mes a póliza do seguro de decesos

Ten 101 anos e sóbenlle ata os cen euros ao mes a póliza do seguro de decesos

Ata novembro de 2020 pagaba arredor de 15 euros

Nidia, 101 anos
David Fernández 25/10/2021 20:34

Nidia ten 101 anos e, coma tantas persoas, ten un seguro de decesos. A súa familia calcula que leva co mesmo seguro uns 70 anos. Ata novembro de 2020 pagaba uns 15 euros ao mes. Logo deixaron de mandarlle os recibos e na primavera deste ano decatáronse de que lle cobraban máis de cen euros.

Ao parecer, nun mes chegaron a facerlle tres cargos, sen advertirllo e sen asegurarse de que a conta tiña fondos para non quedar en números vermellos. Cando un dos fillos foi protestar pola suba, a compañía propúxolle outra solución. 

Jesús Ferradáns, un dos fillos de Nidia: "Que se non queriamos, seguían cobrando os 15 euros e que quedaba a cousa así e que cando ela morrese pagarían unha pequena parte do enterro e o resto que o pagásemos nós".

Á familia de Nidia pareceulle unha solución inaceptable. Descontentos polo trato que lles dan, están dispostos a chegar aos tribunais para que se cumpra o establecido na póliza con todas as coberturas detalladas.

"Queremos facer público isto porque quen sabe canta xente maior das aldeas que lle farán o mesmo e que non teñen quen mire por eles e que poida que os estean estafando tanto nos decesos como nos seguros das casas ou no que teñan. Para min nunca vai ser unha compañía de seguros fiable", asegurou Jesús Ferradáns, un dos fillos de Nidia.

Temen que todo este episodio repercuta na saúde de Nidia, que en febreiro fará 102 anos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade