Publicador de contidos

Publicador de contidos

Tempo de cocido: os seus ingredientes varían segundo a comarca

Tempo de cocido: os seus ingredientes varían segundo a comarca

En Lugo bótanlle botelo; no sur, galiña e tenreira

O que non falta en ningunha receita son os grelos e a cachucha
 

G24.gal 22/01/2026 13:32

Ás portas do Entroido, o prato estrela destas datas é o cocido. Cachuchas, lacóns, botelos e chourizos colgan do estante das carnicerías, estamos no tempo do cocido. 

"O que máis demanda é o botelo, cachucha e a solana", explica Manuel Ángel Pérez, que ten unha carnicería en Lugo.

Pero os ingredientes varían segundo onde o comamos. A solana e o botelo non faltan no cocido lugués. O botelo tradicionalmente consumíase no interior, na zona de montaña, é típico da Fonsagrada, pero hoxe o seu consumo xa está moi estendido.

 "O botelo da Fonsagrada leva costela e 'corteza', pero non rabo ou lingua como fan noutro sitios", explica Manuel Pérez que ten unha carnicería na Fonsagrada.

Noutras zonas de Galicia ademais da carne de porco tamén engaden galiña, tenreira ou mesmo cordeiro.

"O botelo fóra de Lugo é menos coñecido, no sur metese galiña ou cordeiro cocido", engade Manuel Ángel.

Antigamente o cocido comíase na casa en familia, hoxe tamén se segue a comer coa familia ou os amigos, pero fóra, no restaurante.

 "Ata fai pouco facíao eu na casa, pero púxenme en folga e agora saímos fóra comelo", comenta unha muller.

Se imos fóra, mellor reservar, e en moitos establecementos teñen lista de agarda. É, xunto ao caldo, o prato estrela do inverno.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade