Cargando resultados...
A Garda Real desfila polas rúas de Lugo para achegarse á cidadanía
Uns 500 efectivos levan unha semana despregados pola provincia
G24.gal
09/05/2026 14:49
Última actualización 09/05/2026 15:13
Lugo vestiuse de gala para recibir a Garda Real. A unidade militar ao servizo do Rei desfilou e amosou as suas habilidades.
Uns 500 efectivos levan unha semana despregados pola provincia achegando o seu traballo e os seus medios á cidadanía.
A súa despregadura supuxo un reto loxístico xa que mobilizaron un terzo da unidade, composta por 1.500 efectivos.
Este desfile foi un dos primeiros actos públicos presididos pola nova alcaldesa da cidade, Elena Candia.