Publicador de contidos

Publicador de contidos

Temperaturas de verán en Ourense, con máximas de trinta e tres graos

Temperaturas de verán en Ourense, con máximas de trinta e tres graos

Outras localidades da provincia Vilamartín de Valdeorras, Arnoia ou Leiro quedaron moi preto

G24.gal 09/05/2022 20:54 Última actualización 09/05/2022 21:23

Nova xornada especialmente calorosa en Ourense, onde os termómetros acadaron os trinta e tres graos. Outras localidades da provincia Vilamartín de Valdeorras, Arnoia ou Leiro quedaron tamén moi preto. Nas rúas a opinión é unánime.

"As temperaturas, de repente, cambiaron moi bruscamente e nótase bastante, agora estamos afogando".

"Para ser maio xa parece agosto, é que isto non é normal. Leva así varios días, vai durar, é que xa chegou o verán".

"A verdade é que este ano adiantouse moito, a verdade é que si".

Unha situación de calor que se prolonga xa durante varios días e que non afecta tan só a cidade de Ourense, senón tamén outras localidades da provincia como Arnoia, Leiro ou Vilamartín de Valdeorras. A calor non da descanso e pensar na praia resulta inevitable para algúns.

"Tamén se Ourense tivera praia como ten Vigo isto sería Valencia, pero así temos que conformarnos co sol, o Miño e a Chavasqueira".

Polo de agora, e segundo apuntan as previsións, non semella que nos vindeiros días estas altas temperaturas queiran dar unha tregua en Ourense. Toca sol e calor e máximas por riba dos trinta graos. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade