Cargando resultados...
Temperaturas baixo cero no interior das provincias de Ourense e Lugo
Calvos de Randín rexistra -8 º, Baltar -7º e Verín -6º centígrados
G24.gal
15/01/2022 18:30
Xornada xélida esta madrugada en Galicia con temperaturas baixo cero en boa parte do interior das provincias de Ourense e de Lugo.
A mínima foi en Calvos de Randín con oito graos baixo cero. Pero non moi lonxe quedaron os menos sete de Baltar ou os menos seis de Verín.
Tamén na provincia de Lugo roldaron esta noite os mesmo valores, con seis graos baixo cero en Sarria e en Cospeito. Tamén nas vilas atlánticas fixo moito frío. En Ponteareas, por exemplo, rexistráronse 3 graos baixo cero.