Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Audiencia Nacional ordena imputar o ex-xefe dos árbitros, Sánchez Arminio

A Audiencia Nacional ordena imputar o ex-xefe dos árbitros, Sánchez Arminio

Mentres, Tebas fala da peor "crise reputacional" na historia do fútbol español polo caso Negreira

Joan Laporta: "Non pensedes que me emociono por debilidade. Emociónome porque quero ir contra os xarelos que atacan o noso escudo"

G24.gal 14/03/2023 15:54 Última actualización 14/03/2023 16:10

A Audiencia Nacional ordénalle ao xuíz que investiga á anterior cúpula da Real Federación Española de Fútbol (RFEF) que cite a declarar en calidade de imputados aos anteriores responsables do Comité Técnico de Árbitros (CTA), entre eles o expresidente Victoriano Sánchez Arminio, polo presunto desvío de fondos de 7,9 millóns de euros.

Nun auto, o tribunal estima o recurso interposto pola Liga Nacional de Fútbol Profesional e insta o xuíz Alejandro Abascal a que tome declaración así mesmo ao ex secretario xeral da CTA Raúl Massó e ao propio expresidente da RFEF Anxo María Villar, que xa estaba investigado neste procedemento.

Á marxe desta decisión, o xuíz ordenou onte luns unha serie de dilixencias para coñecer os pagos da RFEF entre 2011 e 2016 a Javier Enríquez Romero, fillo de José María Enríquez Negreira.

Vívese un momento delicado no fútbol español. Hai unha imaxe deteriorada a nivel internacional. É o que denuncia Javier Tebas. Todo tamén polo caso Enríquez Negreira. Mentres, a Fiscalía continúa coa investigación e Joan Laporta chora. O dano para o F. C. Barcelona semella que xa está feito.

Xavi: "Sorpréndeme este ambiente de hostilidade cara ao Barça"

O estigma que persegue o club catalán soborda os propios límites do barcelonismo e, como quixo deixar claro o presidente da Liga en declaracións a Movistar Plus, afectan a imaxe de todo o fútbol español.

Tebas: "Non lembro unha época con esta rise reputacional do noso fútbol"

Mentres medra a revolta institucional, a Fiscalía segue co seu traballo de investigación en paralelo e, tras presentar a denuncia contra o F. C. Barcelona o pasado venres por un delito continuado de corrupción nos negocios, xa pediu o xuíz que na fase de instrución sexan chamados a declarar dous adestradores do Barça entre os anos 2001 e 2008, Luis Enrique e Ernesto Valverde.

A Fiscalía pretende saber se durante o seu tempo no club coñeceron a existencia de informes sobre comportamentos arbitrais. Eses informes polos que o club pagou sete millóns trescentos mil euros a Negreira e que en opinión da acusación pública tiñan a intención de que o Barça fora favorecido na toma de decisións dos árbitros nos partidos disputados polo club.

Joan Laporta: "Non pensedes que me emociono por debilidade. Emociónome porque quero ir contra os xarelos que atacan o noso escudo".

Coa imaxe da Liga española en interdito en palabras de Tebas, cos prazos xudiciais xogando á contra e cun Barcelona á defensiva, o Caso Negreira colle trazas de telenovela das largas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade