Publicador de contidos

Publicador de contidos

Taxistas de Ourense reclaman unha marquesiña contra a calor na estación de tren

Taxistas de Ourense reclaman unha marquesiña contra a calor na estación de tren

Nesta longa vaga de calor na que se superan os 40 graos o interior dos coches acada máis de 50 graos

Ameazan con ir a estación intermodal só de paso e non establecer parada nos días de tanta calor

G24.gal 07/08/2025 13:56

Inhumana. Así describen a situación que sofren os taxistas na estación intermodal de Ourense a pleno sol con temperaturas superiores aos 40 graos nesta longa vaga de calor.

Con estas temperaturas un coche ao sol pode superar dentro os 50 graos. Queiman os asentos e o volante. Piden urxentemente unha cuberta que poida acubillalos das inclemencias do tempo.

Ameazan con plantarse para que atendan a súa demanda. Levan anos así, dende que o Adif fixo as reformas na estación de tren.

As obras para a nova estación intermodal comezaron pero van para longo, reclaman mentres unha solución temporal, non poden seguir, din, máis anos abafados.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade