Cargando resultados...
Susto sen consecuencias no accidente dun autobús nos accesos ao Monte do Gozo en Santiago
O condutor perdeu de xeito momentáneo o control do vehículo e espetouse marcha atrás na beiravía
No hai vítimas
G24.gal
18/06/2022 13:04
Bo susto o que levaron algúns dos mozos que estaban este sábado nos accesos ao Monte do Gozo.
Nunha das estradas de acceso ao lugar en que estes días se celebra o Festival O Son do Camiño, o condutor dun autobús perdeu o control por uns segundos. Non conseguiu frear o vehículo e volveu, marcha atrás, nunha costa empinada.
Todo apunta cara a un problema técnico que, afortunadamente, non deixa ningún ferido. Algunhas testemuñas aseguran que é un acceso moi concorrido nos momentos previos aos concertos do serán.