Cargando resultados...
Suicídase un home en Zamora despois de agredir a muller cunha navalla
A muller foi atendida no lugar dos feitos e trasladada a un hospital

G24.gal
13/01/2023 18:26
Última actualización 13/01/2023 18:55
Un home faleceu este venres en Zamora tras precipitarse pola xanela dun piso despois de agredir a parella cunha arma branca.
A muller sufriu feridas nunha man e no abdome e foi trasladada a un centro hospitalario.
A agresión produciuse sobre as cinco e cuarto da mañá nun domicilio da rúa Fuentelarreina.
Ata o lugar desprazáronse axentes da Policía Nacional e da Policía Municipal, así como os servizos sanitarios de Emerxencias e unha comisión xudicial que ordenou o levantamento do cadáver.